lunes, 11 de abril de 2011

Como xa sabedes este curso visitáronnos diferentes autores dos libros que estamos traballando nas aulas. A semana pasada estivo connosco Jacobo Fernández Serrano, coñecido autor e ilustrador dos libros "Mil cousas poden pasar" e "A pedra e as formigas".

lunes, 21 de marzo de 2011

FERANDO LALANA

A semana pasada continuando coa visita dos autores acompañounos nesta ocasión Fernando Lalana, autor de libros tan coñecidos polos nosos nenos e nenas de 2º e 3º ciclo como "Doble P", "El regreso de Doble P" e "Un megaterio en el cementerio".
Como traballo de creación literaria, os alumnos/as de 3º de Primaria fixeron un mural cos debuxos de "Doble P" que recolle as secuencias de cada capítulo do mesmo. Os nenos/as de 4º de Primaria fixeron a súa biografía e debuxos do "Megaterio".
Os nenos e nenas fixéronlle preguntas sobre a súa vida e obra.

GRAZAS FERNANDO POLA TÚA VISITA!

lunes, 14 de marzo de 2011

Entroido na Escardia!
Para festexar o Entroido no cole levamos a cabo diferentes actividades: cada curso cantou unha comparsa con letras divertidas que nos fixeron rir a todos; xogamos no patio ao baile da mazá, das sillas e ao final todo o cole bailou ao ritmo da profe de inglés. Para rematar a mañá saboreamos o tradicional chocolate con churros.
Pasámolo xenial!!!

ENTROIDO '11

Entroido na Escardia!
Para festexar o Entroido no cole levamos a cabo diferentes actividades: cada curso cantou unha comparsa con letras divertidas que nos fixeron rir a todos; xogamos no patio ao baile da mazá, das sillas e ao final todo o cole bailou ao ritmo da profe de inglés. Para rematar a mañá saboreamos o tradicional chocolate con churros.
Pasámolo xenial!!!

jueves, 17 de febrero de 2011

martes, 4 de mayo de 2010

DÍA DO LIBRO

No C.E.I.P. A Escardia no día do libro contamos coa presenza do autor e ilustrador Abraham Carreiro. Fíxonos algúns dos personaxes dos seus libros: O cazador de Cambodia, Latcho Drom, A pel de crocodilo e As espiñas do porco espiño.Conxuntamente coas diferentes bibliotecas de Vilagarcía fixemos unha selección de libros que nos parecían interesantes que os nenos coñeceran e animalos a través de carteis alusivos a ditos libros(textos, debuxos, título e autor ou tejuelo) a que os buscasen na biblioteca.

sábado, 10 de abril de 2010

Proposta didáctica PALE 2009

Ola, son Margarita Casal Tacón, aquí vos deixo a proposta elaborada dentro das actividades da fase C do PALE 2009 para que a descarguedes e fagades uso dela.

Consta de dúas actividades, unha tarefa PDI sobre o vocabulario da casa e unha tarefa EdiLIM sobre o conto 'Os tres porquiños'.

Espero que vos sexan de utilidade.

Para calquera contacto ou información: margaritacasal@edu.xunta.es

----------------------------------


Proposta didáctica: The House
Nivel ao que vai dirixida a proposta: 2º Ciclo Primaria
Nº de sesións da proposta: 2

Competencias a traballar:
- Competencia en comunicación lingüística, matemática, e no coñecemento e a interacción co mundo físico. Tratamento da información e competencia dixital. Competencia para aprender a aprender. Autonomía e iniciativa persoal.

Obxectivos:
- Entender un conto por medio da lectura.
- Identificar, ampliar e consolidar o vocabulario relacionado coa casa.
- Ampliar vocabulario de accións ( leave, buid, knock, burns...)

Contidos:
- Ler unha historia e respostar por escrito a preguntas de comprensión.
- Relacionar ilustracións coa súa expresión escrita.
- Observar ilustracións e escribir frases.
- Localizar en sopas de letras palabras do vocabulario.

Áreas/Materias/módulos: Lingua inglesa

Valores a traballar:
- O éxito a través do esforzo persoal.

Proposta de actividades por sesións: Pódese realizar nunha sola sesión.

Criterios e instrumentos de avaliación:
- Comprobar que o alumno é quen de identificar vocabulario relacionado coa casa.
- Mostrar comprensión ante a lectura dun conto sinxelo.

Descargar tarefa PDI
Descargar tarefa EdiLIM


Un saúdo.