Ola, son Margarita Casal Tacón, aquí vos deixo a proposta elaborada dentro das actividades da fase C do PALE 2009 para que a descarguedes e fagades uso dela.
Consta de dúas actividades, unha tarefa PDI sobre o vocabulario da casa e unha tarefa EdiLIM sobre o conto 'Os tres porquiños'.
Espero que vos sexan de utilidade.
Para calquera contacto ou información: margaritacasal@edu.xunta.es
----------------------------------
Proposta didáctica: The House
Nivel ao que vai dirixida a proposta: 2º Ciclo Primaria
Nº de sesións da proposta: 2
Competencias a traballar:
- Competencia en comunicación lingüística, matemática, e no coñecemento e a interacción co mundo físico. Tratamento da información e competencia dixital. Competencia para aprender a aprender. Autonomía e iniciativa persoal.
Obxectivos:
- Entender un conto por medio da lectura.
- Identificar, ampliar e consolidar o vocabulario relacionado coa casa.
- Ampliar vocabulario de accións ( leave, buid, knock, burns...)
Contidos:
- Ler unha historia e respostar por escrito a preguntas de comprensión.
- Relacionar ilustracións coa súa expresión escrita.
- Observar ilustracións e escribir frases.
- Localizar en sopas de letras palabras do vocabulario.
Áreas/Materias/módulos: Lingua inglesa
Valores a traballar:
- O éxito a través do esforzo persoal.
Proposta de actividades por sesións: Pódese realizar nunha sola sesión.
Criterios e instrumentos de avaliación:
- Comprobar que o alumno é quen de identificar vocabulario relacionado coa casa.
- Mostrar comprensión ante a lectura dun conto sinxelo.
Descargar tarefa PDI
Descargar tarefa EdiLIM
Un saúdo.
sábado, 10 de abril de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)