miércoles, 27 de enero de 2010
30 de xaneiro, Día da Paz
Ola a todos de novo! Con motivo da celebración do Día da paz, o 30 de xaneiro, este venres, ao longo destas semanas vimos realizando diferentes actividades. Entre todo o cole,e seguindo co proxecto iniciado sobre "Os Contos clásicos".Inventamos un conto encadenado,comenzaron os nenos/as de 3 anos e o rematarán os nenos/as de 6º.
En coloraboración coas familias, tamén se vai construir "a porta da Paz". Cada familia aportará un envase de brik decorado coa palabra que considere represente a Paz.
viernes, 8 de enero de 2010
Os contos clásicos
Neste primeiro trimestre, guiados polo Equipo da Biblioteca e coa colaboración do resto dos Equipos do centro (Actividades Extraescolares, Normalización Lingüística, Tic), estivemos a traballar os contos clásicos. Algunhas das actividades que realizamos foron as seguintes:
- Exposición na entrada da Biblioteca de contos clásicos.
- Lectura de diferentes versións dos contos, fixándonos na estrutura dos mesmos (inicio, nó e desenlace).
- Contacontos por parte dos alumnos/as a nenos/as de outros niveis.
- Reescrición e ilustración dos contos traballados por niveis: Educación Infantil (A Ratiña Presumida); 1º ciclo de Primaria (Os cisnes salvaxes); 2º ciclo (Os sete cabritos) e 3º ciclo (O perscador e a súa muller), utilizando diferentes formas de reescribilo.
- As personaxes dos contos: no primeiro ciclo elaboráronse libros coas personaxes do conto dos "Cisnes salvaxes", facendo unha descrición de cada un deles.
- A biografía dos autores: dos irmáns Grimm, Perrault, etc.
- Representación teatral e de títeres o día do Festival de Nadal.
O Equipo de Actividades Extraescolares colaborou facendo as diferentes personaxes dos contos para ambientar o colexio, ademais, dun diaporama para reprensentar o Belén chamado "Un belén de conto", no que aparecen as distintas personaxes dos contos, elaboradas polos nenos de todos os niveis.
O Equipo de Normalización Lingüística sacou unha edición especial de "A Escardia fala", na que se recolleron os diferentes traballos elaborados polos nenos/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)