viernes, 8 de enero de 2010

Os contos clásicos

Neste primeiro trimestre, guiados polo Equipo da Biblioteca e coa colaboración do resto dos Equipos do centro (Actividades Extraescolares, Normalización Lingüística, Tic), estivemos a traballar os contos clásicos. Algunhas das actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Exposición na entrada da Biblioteca de contos clásicos.

  • Lectura de diferentes versións dos contos, fixándonos na estrutura dos mesmos (inicio, nó e desenlace).

  • Contacontos por parte dos alumnos/as a nenos/as de outros niveis.

  • Reescrición e ilustración dos contos traballados por niveis: Educación Infantil (A Ratiña Presumida); 1º ciclo de Primaria (Os cisnes salvaxes); 2º ciclo (Os sete cabritos) e 3º ciclo (O perscador e a súa muller), utilizando diferentes formas de reescribilo.

  • As personaxes dos contos: no primeiro ciclo elaboráronse libros coas personaxes do conto dos "Cisnes salvaxes", facendo unha descrición de cada un deles.

  • A biografía dos autores: dos irmáns Grimm, Perrault, etc.

  • Representación teatral e de títeres o día do Festival de Nadal.

O Equipo de Actividades Extraescolares colaborou facendo as diferentes personaxes dos contos para ambientar o colexio, ademais, dun diaporama para reprensentar o Belén chamado "Un belén de conto", no que aparecen as distintas personaxes dos contos, elaboradas polos nenos de todos os niveis.


O Equipo de Normalización Lingüística sacou unha edición especial de "A Escardia fala", na que se recolleron os diferentes traballos elaborados polos nenos/as.




No hay comentarios:

Publicar un comentario