miércoles, 24 de febrero de 2010

Aquí tedes as fotos do libro do Día da Paz.

miércoles, 27 de enero de 2010

30 de xaneiro, Día da Paz



Ola a todos de novo! Con motivo da celebración do Día da paz, o 30 de xaneiro, este venres, ao longo destas semanas vimos realizando diferentes actividades. Entre todo o cole,e seguindo co proxecto iniciado sobre "Os Contos clásicos".Inventamos un conto encadenado,comenzaron os nenos/as de 3 anos e o rematarán os nenos/as de 6º.

En coloraboración coas familias, tamén se vai construir "a porta da Paz". Cada familia aportará un envase de brik decorado coa palabra que considere represente a Paz.

viernes, 8 de enero de 2010

Os contos clásicos

Neste primeiro trimestre, guiados polo Equipo da Biblioteca e coa colaboración do resto dos Equipos do centro (Actividades Extraescolares, Normalización Lingüística, Tic), estivemos a traballar os contos clásicos. Algunhas das actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Exposición na entrada da Biblioteca de contos clásicos.

  • Lectura de diferentes versións dos contos, fixándonos na estrutura dos mesmos (inicio, nó e desenlace).

  • Contacontos por parte dos alumnos/as a nenos/as de outros niveis.

  • Reescrición e ilustración dos contos traballados por niveis: Educación Infantil (A Ratiña Presumida); 1º ciclo de Primaria (Os cisnes salvaxes); 2º ciclo (Os sete cabritos) e 3º ciclo (O perscador e a súa muller), utilizando diferentes formas de reescribilo.

  • As personaxes dos contos: no primeiro ciclo elaboráronse libros coas personaxes do conto dos "Cisnes salvaxes", facendo unha descrición de cada un deles.

  • A biografía dos autores: dos irmáns Grimm, Perrault, etc.

  • Representación teatral e de títeres o día do Festival de Nadal.

O Equipo de Actividades Extraescolares colaborou facendo as diferentes personaxes dos contos para ambientar o colexio, ademais, dun diaporama para reprensentar o Belén chamado "Un belén de conto", no que aparecen as distintas personaxes dos contos, elaboradas polos nenos de todos os niveis.


O Equipo de Normalización Lingüística sacou unha edición especial de "A Escardia fala", na que se recolleron os diferentes traballos elaborados polos nenos/as.




martes, 10 de noviembre de 2009


Ola a todos e todas! Queremos informarvos de que hoxe temos pensado, sempre e cando o tempo nolo permita, celebrar a festa do Magosto no cole.



Recordámosvos tamén que pola tarde os nenos/as e nenas poderán desfrutar da festa do Samaín que organiza cada ano a ANPA do cole.






Esperamos pasalo moi ben coa compaña de todos os que vos animedes a vir ao noso cole.






jueves, 5 de noviembre de 2009

Un novo espazo para A Escardia

Ola a todos os alumnos e alumnas do CEIP A Escardia! Xa temos un blog para o noso cole, así que esperamos a vosa colaboración para mantelo sempre vivo